Novas
Participación de membros da rede en reunións internacionais
Barcelona, 7-10 de xuño 2016
Juan Niclós (UGR2) impartirá unha charla na reunión ISMEC 2016 titulada: "Novel bridging μ2-N7,O6-ayclovir mode in a tetranuclear complex having a cubane-like core [NiII4(μ3-methanolato)4]4+".
Mais información pinchar aquí.
Participación de membros da rede en reunións internacionais
Coventry, UK, 29-31 de marzo 2016
Manuel Martínez (UB7) impartirá unha charla na reunión Dalton 2016 (University of Warwick, Coventry, UK) titulada: "Kinetico-mechanistic studies on substitution reactions on CoIII and RuII complexes with nucleosides and nucleotides at physiological pH".
Mais información pinchar aquí.
Seminario MetalBIO16
Madrid, 11 de marzo 2016
Reunión de constitución da rede na que se presentarán as liñas de investigación que se están desenvolvendo neste momento nos diferentes grupos integrantes. Identificaranse aquelas vías de colaboración entre os grupos e deseñaranse os experimentos colaborativos que se podan implementar. Nesta reunión tamén se estruturará o calendario de actuacións dos distintos comités e unidades que conforman a rede.
Mais información pinchar aquí.
Éxito na convocatoria de Redes de Excelencia
A rede MetalBIO, "Red de iones metálicos en sistemas biológicos", coordinada polo profesor E. M. Vázquez-López, resultou avaliada positivamente polo Ministerio de Economía y Competitividad e acadou financiamento para o período 2016-2018. A rede MetalBIO é unha rede interdisciplinar constituída por 42 investigadores de nove universidades españolas: Universidad Autónoma de Madrid (UAM), Univ. de Barcelona (UB), Univ. da Coruña (UDC), Univ. de Extremadura (UNEX), Univ. de Granada (UGR), Univ. des Illes Balears (UIB), Univ. de Jaén (UJAEN), Univ. de Santiago de Compostela (USC) e Univ. de Vigo (UVIGO). O ámbito de investigación dos integrantes da rede, a actividade de metais en sistemas biolóxicos, inclúe o estudo do papel dos metais nos fenómenos naturais, como pode ser o seu comportamento nas metaloproteínas, pero tamén dos metais introducidos artificialmente e as súas implicacións en medicina e toxicoloxía. 1024x768
Para acceder aos contidos da Rede MetalBIO (rede galega 2014-2015) pincha aquí.
Workshop Invesconnecta
Do 21 ao 23 de xullo vaise celebrar Invesconnecta, a MetalBIO Workshop, como punto de encontro entre empresas e investigación e cun programa de traballo para elaborar as propostas de redes de excelencia convocadas polo Ministerio de Economía e Competitividade. Para consultar o programa pinchar aquí.
Workshop ESMetalBIO
O 17 de xuño celebrouse o Workshop ESMetalBIO, onde se deron cita vinte e cinco grupos de investigación do ámbito da Bioinorgánica correspondentes a 15 universidades españolas. Este Workshop, impulsado e organizado pola rede MetalBIO, contou coa participación de investigadores da Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Vigo, Universidad Autónoma de Madrid, Universidad de Cádiz, Universitat de Barcelona, Universitat Autònoma de Barcelona, Universidad del País Vasco- Euskal Herriko Unibertsitatea, Universitat de les Illes Balears, Universitat de València, Universidad de Burgos, Universidad de Extremadura, Universidad de Murcia, Universidad de Granada e Universidad de Jaén. Os grupos realizaron unha presentación do estado da súa investigación para, posteriormente, analizar en subgrupos interuniversitarios as posibles vías de colaboración para elaborar accións conxuntas tanto a nivel español como europeo.